Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 02 de xullo de 2002 Páx. 10.339

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do concello, na sesión que tivo lugar o día 13 de maio de 2002, aprobou inicialmente o Plan parcial de ordenación do solo urbanizable non programado número 1 (SUNP-1) de Meixonfrío, promovido polos servicios técnicos municipais.

Na mesma sesión a Comisión de Goberno aprobou inicialmente a delimitación do polígono único do Plan parcial de ordenación do solo urbanizable non programado número 1 (SUNP-1) de Meixonfrío, redactada por Emuvissa, adoptando como sistema de actuación o de expropiación.

Os lindes do ámbito delimitado son:

Norte: núcleo urbano excluído da concentración parcelaria de San Miguel de Agros, parcela 248 de concentración parcelaria e rúa Lindeiro.

Sur: camiño de concentración parcelaria, resto de parcela 260 de concentración parcelaria e parcela 262 de concentración parcelaria.

Leste: parcela 254 de concentración parcelaria, rúa As Pozas, resto das parcelas 258 e 261 de concentración parcelaria.

Oeste: parcelas 251, 250, 249, 248 e restos das parcelas 247, 260 e 261 de concentración parcelaria de San Miguel de Agros.

En cumprimento do que se dispón nos artigos 42.1º e 121.4º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), os expedientes sométense a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo os interesados poderán consulta-los expedientes na Sección de Planeamento e Xestión do concello, e formula-las alegacións que xulguen oportunas, mediante escrito que se presentará no rexistro xeral do concello.

Este anuncio servirá de edicto de notificación, de acordo co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP e PAC) ós propietarios que a seguir se relacionan no anexo.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2002.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo

ANEXO

Parc.Ref.

catastral

Número

concentrac.

TitularSup. m

1A505-252252Negreira Mouro, Francisco

García Rey, Dolores

850

1B505-252252Seoane Vilar, Carmen1.903

2505-2005252Seoane Vilar, Herminda1.376,50

3505-1662252Pombo Seoane, Esperanza

Rey Rodríguez, Antonio

1.376,50

4505-253253Magán Conde, Alfonso

Carrillo López, Mª del Carmen

2.151

5505-255255Inmojal, S.L.896

6505-247247Iglesias Vilar, Manuel Raúl4.175

7505-257257Iglesias Vilar, Manuel Raúl

Prado González, Mª Teresa

6.311

8505-256256López Rodríguez, Ramón3.389

9505-259259Iglesias Zas, Simón747

10505-258

90692

258Fernández Liste, Juan

Montaos Martínez, María

3.675

11A505-260260Irmáns García Carreira

(Luís, Jesús, Herminio, Isabel, José, Magdalena, Carmen, Manuel, Santiago, Antonio, José Luis, Fernando e Ramón)

291,82

11B505-260260García Carreira, Manuel

García Carreira, Antonio

287,16

Parc.Ref.

catastral

Número

concentrac.

TitularSup. m

11C505-260260García Carreira, Santiago

García Carreira, Fernando

276,44

11D505-260260García Carreira, Magdalena152,41

11E505-260260García Carreira, José Luis79

11F505-260260García Carreira, Jesús

García Carreira, Isabel

342

11G505-260260Ríos Martínez, José Antonio158

11H505-260260García Carreira, María Isabel79

11I505-260260Ríos Martínez, José Antonio158

12505-1562261Rivera Casas, Jesús165,34

13505-1563261Sanmartín Brea, Rafael158,09

14505-1564261Catoira Maceiras, Juan155,29

15505-261261Mallón Otero, Celso1.333,27