Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 02 de xullo de 2002 Páx. 10.340

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILALBA

ANUNCIO.

Resolución do Concello de Vilalba (Lugo), pola que se anuncia convocatoria para prover en propiedade unha praza vacante no cadro de persoal do corpo da Policía Local deste concello.

Persoal funcionario.

Forma de acceso: concurso-oposición (promoción interna).

Denominación:

Escala: Administración especial.

Subescala: servicios especiais.

Clase: policía local.

Posto: cabo da policía local.

Nº de prazas: unha.

No BOP de Lugo nº 63 do 16 de marzo, publicáronse as bases que rexerán a convocatoria.

As instancias para tomar parte na dita convocatoria deberán dirixirse ó presidente da Corporación, e presentaranse no rexistro xeral do concello ou na forma que determina o artigo 38.3º da Lei 30/1992, durante o prazo de 20 días naturais, contados a partir da última publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado ou no DOG.

Vilalba, 30 de maio de 2002.

O alcalde

Rubricado