Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 02 de xullo de 2002 Páx. 10.339

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2002 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: contratación da redacción e execución dun plan de sinalización turística para a cidade.

Tipo de licitación: 202.252,6 euros máis IVE.

Prazo de execución: para a execución da totalidade do obxecto do contrato establécese un prazo máximo de 24 meses.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, entre as 9 e as 14 horas, dentro do prazo de quince días naturais, contados desde o día seguinte ó da data da última das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Documentación: información e documentación: Concello de Santiago de Compostela. (Sección de Contratación). Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 14 do prego de condicións económico-administrativas.

Garantía provisional: 2% do importe de licitación (4.692,26 A).

Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas o primeiro día hábil, non sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2002.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde