Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 02 de xullo de 2002 Páx. 10.337

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO de notificación (335/2001).

De conformidade cos artigos 59.4º e 61 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, de 1992, faise público, ás persoas que a seguir se relacionan, xa que, intentada a notificación persoal, esta non puido ser practicada.

Anúnciase que o concello pleno, en sesión ordinaria do día 1 de febreiro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

O concello pleno, por unanimidade, acordou:

1. Estimar integramente as alegacións presentadas por Alfonso e José Gil de la Iglesia e por Delmiro

Domínguez González, mantendo en consecuencia no referente as parcelas da súa propiedade a delimitación aprobada no seu día no PERI da cidade histórica e desestima-la presentada por José Fernández Domínguez, conforme os informes técnico e xurídico emitidos no expediente en datas 22 e 29 de xaneiro de 2002, respectivamente, que se trasladarán para os interesados para os efectos de motivación.

2. Aprobar definitivamente, de oficio, o proxecto de modificación da delimitación do polígono UE-2 do PERI da cidade histórica de Ourense, coas modificacións sinaladas no parágrafo primeiro do presente acordo.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Benito Vázquez Veiras.

Inocencia de la Iglesia.

Dámaso Ferreiro Cid.

Francisco Rodríguez Corral.

Juana Ángela Álvarez Vázquez.

Joaquín Eire Carballo.

Antonio Montero Losada.

Castor Eire Carballo.

Ourense, 20 de maio de 2002.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente