Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 02 de xullo de 2002 Páx. 10.337

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO INCIO

ANUNCIO.

No BOP nº 141, do 21 de xuño de 2002 publícanse integramente as bases da convocatoria realizada polo Concello do Incio para prover mediante o sistema de concurso-oposición as prazas vacantes no cadro de persoal correspondentes á oferta de emprego público, ano 2002:

-Escala de Administración xeral, subescala administrativa, administrativo, prazas (1).

Aqueles que reunindo os requisitos esixidos na convocatoria desexen participa neste procedemento selectivo deberán presentar instancia no rexistro xeral deste Concello do Incio, segundo o previsto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, durante o prazo de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria serán publicados exclusivamente no BOP e no taboleiro de anuncios desta corporación.

O Incio, 25 de xuño de 2002.

Ángel Camino Copa

Alcalde-presidente