Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 02 de xullo de 2002 Páx. 10.338

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO de notificación (3774/2002).

De conformidade cos artigos 59.4º e 61 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, faise público, ás persoas que a seguir se relacionan, xa que intentada a notificación persoal, esta non puido ser practicada.

Por medio da presente, e en virtude do que dispón o artigo 49 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, emprázase a vostede para que no prazo de nove días, contados a partir do día seguinte ó da recepción da presente notificación, compareza en autos, se for do seu interese, mediante procurador con asistencia de letrado ou valéndose tan só de avogado con poder o efecto, no RCA arriba referenciado, que se tramita na sala do contencioso-administrativo, sección segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, interposto polo procurador José Mª Moreda Allegue en nome e representación de Edelmiro Domínguez González contra acordo do Concello de Ourense de 1-2-2002, polo que se aproba definitivamente a modificación da delimitación do polígono UE-2 do PERI da cidade histórica.

Benito Vázquez Veiras.

Inocencia de la Iglesia.

Dámaso Ferreiro Cid.

Francisco Rodríguez Corral.

Juana Ángela Álvarez Vázquez.

Joaquín Eire Carballo.

Antonio Montero Losada.

Castor Eire Carballo.

Ourense, 20 de maio de 2002.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente