Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 02 de xullo de 2002 Páx. 10.336

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación Gloria, nos concellos de Vila de Cruces, da provincia de Pontevedra, e a Arzúa da provincia da Coruña, por parte de CRC Obras y Servicios, S.L.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra fai saber que CRC Obras y Servicios, S.L., con domicilio en r/ Calvo Sotelo, 86, Ordes (A Coruña), presentou nesta delegación provincial o día 11-10-2001 instancia-solicitude de permiso investigación Gloria, de 18 cuadrículas mineiras para recursos de sección C), que se sitúa nos termos municipais de Vila de Cruces, da provincia de Pontevedra, e Arzúa da provincia da Coruña) e que lle correspondeu o nº 2979, da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 10' 00''42º 50' 20''

Vértice 28º 12' 00''42º 50' 20''

Vértice 38º 12' 00''42º 51' 20''

Vértice 48º 10' 00''42º 51' 20''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial. Pasado este prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 28 de maio de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra