Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 02 de xullo de 2002 Páx. 10.336

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 25 de xuño de 2002 pola que se recoñecen dúas Escolas de Navegación de Lecer.

A Orde do 31 de xullo de 1998 desta consellería (DOG. nº 164 do 25 de agosto), establece o mecanismo para o recoñecemento das escolas de navegación de lecer.

Solicitándose o dito recoñecemento por dous centros, logo de formalizado o procedemento establecido, procede recoñecer estes e realiza-la súa inscrición.

Polo exposto,

RESOLVE:

Artigo 1º

Recoñecer como Escolas de Navegación de Lecer na categoría que corresponda ó seguinte centro:

Escola Básica de Navegación de Lecer (Enal Básica).

-BALUMA, Escuela de Navegación de Recreo, S.L., co CIF: B-15834500, con enderezo social na rúa Fendetestas, 12 de Cambre (A Coruña), e o seu enderezo para as clases teóricas na r/ Fonseca, 6-8 da Coruña, e coa denominación comercial BALUMA inscrita co nº XGEN017,

-Mª del Mar González Gómez, con DNI 76777262-L, con enderezo social e de impartición de clases teóricas na r/ La Rosa, 36 entresollada de Santiago de Compostela, coa denominación comercial SECUR+, inscrita co nº XGEN018.

Artigo 2º

Inscribi-las citadas escolas no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2002.

Enrique C. López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos