Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 02 de xullo de 2002 Páx. 10.335

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se aproba o proxecto Tipo de Liñas Eléctricas Aéreas Forradas de ata 20 kV.

Examinado o expediente instruído por pedimento de Unión Fenosa Distribución, S.A. con enderezo para efectos de notificación na avda. de Arteixo, 171, 15008 A Coruña, resultan os seguintes

Antecedentes de feito

Primeiro.-O día 15 decembro de 2000 a empresa Unión Fenosa, S.A. solicita a aprobación do proxecto Tipo de Liñas Eléctricas Aéreas Forradas de ata 20 kV.

Acompaña á citada solicitude o proxecto tipo ó que fai referencia ó artigo 4 do Decreto 275/2001, do 4 de outubro, polo que se establecen determinadas condicións especificas de deseño e mantemento ás que se deberán somete-las instalacións eléctricas de distribución, e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Segundo.-O citado proxecto someteuse a informe das delegacións provinciais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e como resultado dos informes das delegacións o promotor presentou un novo proxecto Tipo de Liñas Eléctricas Aéreas Forradas de ata 20 kV, no que inclúe as modificacións que lle foron requiridas.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, Decreto 275/2001, do 4 de outubro, Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, xa citados e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-No expediente instruido para o efecto cumpríronse os tramites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuidas.

RESOLVE:

-Aproba-lo Proxecto Tipo de Liñas Eléctricas Aéreas Forradas de ata 20 kV.

Os proxectos tipo deberán ser completados, inescusablemente, cos datos específicos concernintes a cada caso, tales como: situación, accesos, circunstancias locais, clima, contorno, dimensións específicas, características das terras e da conexión á rede, así como calquera outra correspondente ó caso particular.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas