Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 02 de xullo de 2002 Páx. 10.316

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE FERROL

CÉDULA de emprazamento (26/2002).

No procedemento de referencia dictouse a resolución do teor literal seguinte:

«Auto.

Xuíz que o dicta: Jesús Souto Herreros.

Lugar: Ferrol.

Data: vinteoito de xaneiro de dous mil dous.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Polo procurador Seco, en nome e representación de Inocencia López Barro, segundo acredita co poder que acompaña, presentou demanda de divorcio do matrimonio, fronte ó seu cónxuxe Manuel Cabarcos Romero.

Do exposto na demanda despréndese que non existen fillos, menores ou incapacitados no matrimonio.

Segundo.-Sinálase na demanda que o demandado se atopa en paradoiro ignorado desde que abandonou o domicilio conxugal no ano 1970.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-Examinada a anterior demanda, estímase, á vista dos datos e documentos achegados, que a parte demandante reúne os requisitos de capacidade, representación e postulación procesuais, necesarios para comparecer en xuízo conforme o determinado nos artigos 6, 7 e 750 da Lei 1/2000, de axuizamento civil (LACn).

Segundo.-Así mesmo, vistas as pretensións formuladas na demanda, este xulgado ten xurisdicción e competencia obxectiva para coñecer delas, segundo os artigos 37, 38 e 45 da citada lei procesual.

En canto á competencia territorial, este xulgado resulta competente por aplicación do artigo 769 da LACn.

Por último, polo que respecta á clase de xuízo, procede, conforme o ordenado no artigo 753 da citada LACn, substancia-lo proceso polos trámites de xuízo verbal, pero coas especialidades previstas no mesmo precepto e concordantes.

Terceiro.-Polo exposto, procede a admisión a trámite da demanda e, como ordena o artigo 753 acabado de citar, dar traslado da demanda ó demandado por medio de cédula que se publicará no DOG, emprazándoa/s, cos apercibimentos e advertencias legais, para que a conteste/n no prazo de vinte días hábiles contados desde o seguinte ó emprazamento.

Parte dispositiva.

1. Admítese a trámite a demanda de divorcio presentada polo procurador Seco, en nome e representación de Inocencia López Barro, figurando como parte demandada Manuel Cabarcos Romero, substanciándose a demanda polos trámites do xuízo verbal, coas especialidades previstas no artigo 753 da LACn.

2. Déase traslado da demanda ó demandado por medio de edicto que se publicará no DOG, emprazándoo/s para que a conteste/n no prazo de vinte días hábiles computados desde o seguinte ó emprazamento.

Apercíbase a parte demandada de que se non comparece dentro de prazo, declararase en situación de rebeldía procesual (artigo 496.1º LACn). Advírtaselle así mesmo, que a comparecencia en xuízo debe realizarse por medio de procurador e con asistencia de avogado (artigo 750 da LACn).

Devólvase o/os poder/es presentado/s, logo do seu testemuño en autos.

Modo de impuganción: mediante recurso de reposición ante este xulgado, non obstante o cal, se levará a efecto o acordado. O recurso deberá interporse por escrito no prazo de cinco días hábiles contados desde o seguinte da notificación, con expresión da infracción cometida a xuízo do recorrente, sen os cales requisistos non se admitirá o recurso (artigos 451 e 452 da LACn).

Mandouno e asínao SSª e dou fe».

E como consecuencia do paradoiro ignorado de Manuel Cabarcos Romero, expídese esta cédula para que sirva de cédula de emprazamento.

En Ferrol, vintenove de xaneiro de dous mil dous.

O/a secretario/a

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE NOIA