Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 02 de xullo de 2002 Páx. 10.317

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (99/2001).

Eu, Ana Isabel Villar Fernández, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Noia dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas número 99/2001 se dictou sentencia coa decisión xudicial seguinte:

«Que debo condenar e condeno a Óscar Santos Santamaría como autor responsable dunha falta con

tra a orde pública á pena de dous meses de multa con cota diaria de dous euros e coa responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, así como ó pagamento das custas causadas.

Líbrese e únase certificación desta resolución ás actuacións con inclusión do orixinal no libro de sentencias.

Notifíquese esta resolución con indicación de non ser firme por caber contra ela recurso de apelación en ámbolos efectos e que se interporá, se é o caso, neste xulgado e para ante a Audiencia Provincial da Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación.

Así por esta miña sentencia o pronuncio, mando e asino».

E para que conste e lle sirva de notificación a Óscar Santos Santamaría, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Noia o vintecatro de maio de dous mil dous.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES

DE RIBEIRA