Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 02 de xullo de 2002 Páx. 10.258

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

ORDE do 14 de xuño de 2002 pola que se modifican as resolucións do 9 de marzo de 2001 e do 1 de xuño de 2001 actualizando a composición do Pleno e da Comisión Permanente do Consello Galego das Persoas Maiores.

O Decreto 306/2001, polo que se establece a estructura orgánica da Xunta de Galicia crea a Consellería de Asuntos Sociais como o órgano da Administración autonómica ó que lle corresponde segundo establece o Decreto 402/2001, do 28 de decembro, o exercicio das competencias e funcións en materia de política de servicios sociais.

Por outra banda, o citado Decreto 402/2001, do 28 de decembro, adscribe á Consellería de Asuntos Sociais como órgano consultivo desta ó Consello Galego das Persoas Maiores.

Sendo así, parece conveniente dictar unha orde pola que se modifique a composición do Consello e da Comisión Permanente do Consello Galego das Persoas Maiores, co fin de axeita-la súa composición á nova realidade en canto á representación da administración autonómica neste órgano consultivo.

Por todo o anterior, en uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro e o Decreto 402/2001, do 28 de decembro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Modifícase o artigo 1, parágrafo A e o artigo 2 da Resolución do 9 de marzo de 2001 pola que se publica a composición do Pleno do Consello Gallego das Persoas Maiores, publicada no DOG nº 57, do 21 de marzo de 2001, e que terán a seguinte redacción:

«Artigo 1º

Os vocais do Pleno do Consejo Gallego das Persoas Maiores serán as seguintes persoas:

a) Os seis representantes da Administración autonómica:

Manuel Conde Mouzo, director xeral de Servicios Comunitarios e Inclusión Social.

Beatriz Soutelo Ferro, subdirectora xeral de Atención ás Persoas Maiores.

Arántzazu Montiel Íñiguez de Heredia, xefa do servicio de Programas para Maiores.

Purificación Vázquez Vázquez, xefa do servicio de Coordinación Sociosanitaria.

Mª José Ares Casal, delegada provincial da Consellería de Asuntos Sociais da Coruña.

Cristina Fernández Rodríguez, delegada provincial da Consellería de Asuntos Sociais de Ourense...».

«Artigo 2º

Noméase secretaria do Pleno do Consello Galego de Persoas Maiores a Ana Mª Cancela Alonso, xefa da sección de Asistencia Técnica do Servicio de Programas para Maiores».

Artigo 2º

Modifícase o artigo único, parágrafo a) da Resolución do 1 de xuño de 2001 pola que se publica a composición da Comisión Permanente do Consello Galego das Persoas Maiores, publicada no DOG nº 115 do 14 de xuño de 2001, y que terá a seguinte redacción:

«Artigo único: os vocais da Comisión Permanente do Consello Galego das Persoas Maiores serán as seguintes persoas:

a) Os catro representantes da Administración autonómica:

Beatriz Soutelo Ferro, subdirectora xeral de Atención ás Persoas Maiores.

Arántzazu Montiel Íñiguez de Heredia, xefa do servicio de Programas para Maiores.

Mª José Ares Casal, delegada provincial da Consellería de Asuntos Sociais da Coruña.

Cristina Fernández Rodríguez, delegada provincial da Consellería de Asuntos Sociais de Ourense...».

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2002.

Corina Porro Martínez

Conselleira de Asuntos Sociais