Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 02 de xullo de 2002 Páx. 10.259

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 10 de xuño de 2002 pola que se autoriza o cambio de denominación da escola específica de música municipal de Cangas (Pontevedra).

A escola de música municipal de Cangas (Pontevedra) foi incluída no Rexistro de escolas de música e danza da Comunidade Autónoma de Galicia por Orde do 27 de setembro de 1996 (Diario Oficial de Galicia do 7 de novembro), de acordo co previsto na Orde do 11 de marzo de 1993 pola que se regulan as condicións de creación e funcionamento das escolas de música e danza da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 22 de abril).

O concello de Cangas, titular do centro, solicita o cambio de denominación desta escola específica de música.

Considerando que concorren no expediente tódolos requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado e cumpridos tódolos trámites regulamentarios previstos, esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo cambio de denominación da escola específica de música municipal de Cangas (Pontevedra), segundo os datos que figura no anexo á presente orde.

Segundo.- O cambio de denominación non afectará o réxime de funcionamento do centro.

Terceiro.- A presente orde, que esgota a vía administrativa, poderá ser obxecto de recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14), de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27), ou ben os interesados poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14).

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra

Concello: Cangas.

Localidade: Cangas.

Enderezo: avda. de Bueu, s/n.

Código do centro: 36020027.

Titular: Concello de Cangas.

Denominación xenérica: escola de música.

Denominación específica: municipal Mestre Inocentes Camaño.