Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 01 de xullo de 2002 Páx. 10.250

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIOTORTO

ANUNCIO da licitación das obras de acondicionamento e mellora do camiño de Lamas a Santalla, Abelleira.

Aprobados pola Comisión de Goberno deste concellos, os pregos de cláusulas administrativas particulares que han de rexer na contratación, polo procedemento aberto e sistema de concurso, da obra acondicionamento e mellora do camiño de Lamas a Santalla, Abelleira, expóñense ó público polo prazo de oito días hábiles contados desde a inserción deste anuncio no BOP e para os efectos previstos no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

Declarada a urxencia do procedemento de contratación, de conformidade co establecido no artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000 e 322 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, e conforme o disposto no artigo 122.2º do Real decreto lexislativo citado, anúnciase simultaneamente cos pregos de cláusulas administrativas particulares, a licitación da obra, a cal quedará aprazada se houber reclamacións contra os pregos ata a súa resolución.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Riotorto.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: acondicionamento e mellora do camiño de Lamas a Santalla, Abelleira.

b) Lugar de execución: Santalla.

c) Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 50.996 euros.

5. Garantía provisional: 2% do tipo de licitación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Riotorto.

b) Domicilio: praza das Rodrigas, nº 1.

c) Localidade e código postal: Riotorto, 27744.

d) Teléfono: 982 34 62 22.

e) Telefax: 982 34 60 33.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o último día hábil a presentación da documentación.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Solvencia económica, financeira, técnica e profesional: acreditación de conformidade co punto 16 dos pregos.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o seguinte ó da inserción do edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a sinalada o punto 16 dos pregos.

c) Lugar de presentación: Concello de Riotorto.

9. Apertura das ofertas: o seguinte día hábil a aquel no que termine o prazo de presentación das proposicións abrirase a documentación xeral. Se é sábado, realizarase o primeiro día hábil seguinte.

A apertura das proposicións coas melloras e oferta económica realizarase no sexto día hábil contado desde o seguinte ó da apertura da documentación xeral. Se fose sábado realizarase o seguinte día hábil.

Ámbolos actos se farán no Concello de Riotorto.

10. Gastos de anuncios: serán a cargo do adxudicatario.

Riotorto, 29 de maio de 2002.

José López Cabodevila

Alcalde