Obxecto do contrato: é a execución das obras correspondentes ó proxecto do parque do SUP-4 de Conxo, elaborado por Enrique Blanco Agüero.
Tipo de licitación: 721.098,82 A, IVE incluído.
Prazo de execución: 6 meses.
Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.
Clasificación do contratista: grupo G, subgrupos 3, 4 e 6, categoría e.
Proposicións: os licitadores poderán presenta-las proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela en horas de 9 a 14, dentro do prazo de vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte ó da última publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.
Documentación: información: Concello de Santiago de Compostela (Sección de Contratación). Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.
Documentación: Copy Nova. R/ Nova de Abaixo, nº 12, local 4. Teléfono e fax: 981 59 23 93.
Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 15.3º 3 do prego de cláusulas administrativas.
Garantías:
Provisional: non se esixe.
Definitiva: 4% do importe de adxudicación.
Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas, o segundo día hábil, non sábado, seguinte ó remate do prazo de presentación de proposicións.
Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2002.
José A. Sánchez Bugallo
Alcalde