Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 01 de xullo de 2002 Páx. 10.249

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2002 pola que se anuncia concurso para a contratación de asistencia técnica de dinamización de ludotecas.

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia na que se tramita o expediente: Área de Educación, Universidade e Xuventude.

c) Número de expediente: referencia 2-2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: concurso, mediante procedemento aberto para contrata-la asistencia técnica de dinamización de ludotecas.

b) Lugar de execución: ludotecas municipais.

c) Plazo de execución: 1 ano, prorrogables.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 59.500,12, IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Área de Educación, Universidade e Xuventude.

b) Domicilio: rúa Arcediagos, 3, 2º esquerda.

c) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

d) Teléfono: 988 38 81 31.

7. Requisitos.

a) Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e non estean incursos en causa de prohibición ou incompatibilidade e que teñan a seguinte titulación: diplomados en maxisterio, especialidades de educación primaria ou educación infantil, ou diplomados en educación social.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo de presentación de proposicións: 15 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserto o último anuncio no BOP ou DOG, de 9 a 13 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a que se sinala no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación.

-Entidade: Concello de Ourense, rexistro xeral.

-Domicilio: praza Maior, 1.

-Localidade e código postal: Ourense, 32005.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: vinte días, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Ourense.

b) Domicilio: praza Maior, 1.

c) Data e hora: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de proposicións, ás 12 horas.

10. Outras informacións.

Os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 27 de maio de 2002.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde