Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 01 de xullo de 2002 Páx. 10.248

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OROSO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora:

Concello de Oroso.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: servicio de limpeza de varias dependencias e inmobles municipais.

b) Prazo de execución: 1 ano prorrogable por períodos iguais ata o máximo establecido no artigo 198 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso de acordo co prego de cláusulas económico-administrativas aprobado por Decreto con data do 27 de maio de 2002.

O prego de cláusulas económico-administrativas sométese a información pública xuntamente coa convocatoria de licitación, e a presente licitación aprazarase no suposto de que se fomrulasen reclamacións contra el, no prazo de 8 días contados desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio no BOP, a teor do disposto no artigo 122 do R.D.L. 781/1986, do 18 de abril.

4. Orzamento de licitación:

O orzamento máximo previsto para o contrato é de 40.000 euros/anual (IVE incluído).

5. Garantías:

Provisoria: 800 euros.

Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Presentación de proposicións:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ó da última das publicacións do presente anuncio no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

b) Lugar de presentación: rexistro xeral do concello, en horario das 9 ás 14 horas, ou a través de calquera dos medios establecidos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Apertura das ofertas económicas:

Terá lugar o segundo día hábil posterior a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións, ás 14 horas, ante a mesa de contratación, que previamente cualificará a documentación presentada. De coincidir en sábado a apertura, esta terá lugar ó seguinte día hábil.

8. Modelo de proposición e de sobre:

Os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

9. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Oroso.

b) Domicilio: praza do Concello, s/n.

c) Localidade e código postal: 15884, Sigüeiro-Oroso.

d) Teléfono: 981 69 14 78/981 69 16 80. Telefax: 981 69 17 86.

10. Gastos de anuncios:

A cargo do adxudicatario.

Oroso, 27 de maio de 2002.

Manuel Mirás Franqueira

Alcalde