Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 01 de xullo de 2002 Páx. 10.245

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2002 pola que se anuncia a adxudicación dun contrato de asistencia en materia informática.

A Comisión de Goberno do Consello de Contas, en sesión celebrada o día 22 de maio do presente ano, acordou adxudicar un contrato de asistencia en materia informática, segundo o seguinte detalle:

1. Entidade adxudicadora:

a) Institución: Consello de Contas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: de consultoría e asistencia.

b) Descrición do obxecto: prestación de apoio técnico necesario para xestionar e asegura-lo correcto funcionamento da estructura e medios informáticos do Consello de Contas no que ó seu software se refire, segundo detalle recollido no prego de prescricións técnicas.

c) Lote: único.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 61, do 27 de marzo de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación:

Importe total: 75.000 euros.

5. Adxudicación:

a) Data: 22 de maio de 2002.

b) Contratista: Enxeñeiros e Arquitectos Consultores IDOM, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 63.750 euros.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2002.

Luciano Fariña Busto

Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia