Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 01 de xullo de 2002 Páx. 10.246

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2002 pola que se anuncia a apertura dunha nova convocatoria pública (2ª) para a presentación de solicitudes de outorgamento de concesións administrativas de ocupación e utilización exclusiva de prazas de atraque nas instalacións para a náutica recreativa no porto de Meloxo.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes para o outorgamento de concesións administrativas de ocupación e utilización exclusiva de prazas de amarre nas instalacións para a náutica recreativa no porto de Meloxo, establecido na convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia nº 130, do 5 de xullo de 2001, e atopándose baleiras prazas de amarre, anúnciase, de conformidade co establecido na lexislación vixente en materia de portos, e en virtude das facultades conferidas pola Orde do 29 de xaneiro de 1996 (DOG nº 28, do 8 de febreiro), sobre delegación de competencias no presidente de Portos de Galicia, a apertura dunha nova convocatoria pública (2ª) para a presentación de solicitudes de outorgamento de concesións administrativas para a ocupación e utilización exclusiva de prazas de atraque nas instalacións para a náutica recreativa no porto de Meloxo, por período de dous (2) meses contados desde o día seguinte ó de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, que

se rexerá polo prego de bases e de condicións aprobados para os efectos, que estarán á disposición dos interesados na sede central do ente público Portos de Galicia, sita na praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 Santiago de Compostela, e na sede da zona sur deste ente público, sita na rúa Benito Corbal 37-3ª, 36001 Pontevedra.

Ábrese, así mesmo, un prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ó de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito na devandita sede central de Portos de Galicia as alegacións que consideren oportunas relativas a esta convocatoria.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2000.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia