Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 01 de xullo de 2002 Páx. 10.240

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se anuncia o concurso público de subministracións sucesivas de carnes, polo procedemento aberto e trámite urxente, que se cita. (C.P. 7/2002).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo conselleiro de Sanidade na Orde do 14 de marzo de 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 66, do 5 de abril), resolve convoca-lo concurso público seguinte:

Expediente: C.P. 7/2002.

Obxecto: adquisición de carnes de tenreira, porco, coello, polo e pavo (3 lotes).

Os licitadores poderán concorrer a un, a dous ou á totalidade dos lotes.

Orzamento: 193.451,72 A, incluído IVE e taxa de residuos.

Forma da adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público, polo trámite urxente.

Prazo de execución: un ano desde a data de formalización do contrato, en entregas sucesivas, segundo necesidades.

Admisión de variantes: admítese unha variante ó lote nº 1.

Solvencia económica, financeira e técnica: ver epígrafes 16 e 17 da folla de especificacións dos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: 1) prezo, ata 50 puntos; 2) calidade, ata 45 puntos; e 3) melloras, ata 5 puntos.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Compras do Complexo Hospitalario de Ourense, rúa Ramón Puga, 52, (edificio de administración, planta baixa), de Ourense, en días hábiles, das 9 ás 14 horas, agás sábados. Para consultar datos: http//www.sergas.es.

Garantías: provisional: ver punto 10 da folla de especificacións do citado prego. Definitiva: 4% do importe base de licitación do lote do que sexa adxudicatario.

Presentación de proposicións: deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas anexa á Dirección de Recursos Económicos do Complexo Hospitalario, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos sinalados nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Anuncios: o pagamento será por conta do adxudicatario.

Ourense, 12 de xuño de 2002.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense