Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 01 de xullo de 2002 Páx. 10.240

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ACORDO do 30 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación da proposta de resolución do expediente sancionador de sanidade alimentaria 62/2001.

En aplicación do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa que se identifica cos datos que a continuación se relacionan, que con esta data se acorda, por non ser posible a súa notificación a través de correos, publica-la notificación da proposta de resolución do expediente sancionador 62/2001, incoado por infracción ó R.D. 1437/1992, do 27 de novembro, que fixa as normas sanitarias aplicables á producción e comercialización de productos pesqueiros e da acuicultura, modificado polo R.D. 1840/1997, do 5 de decembro. O expedientado dispón do prazo de quince días para examina-lo expediente na Delegación Provincial de Sanidade de Ourense (avda. de Zamora, nº 13), co fin de poder presenta-las alegacións correspondentes, se o considera oportuno, segundo preceptúa o artigo 19 do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, que

aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora.

1. Expediente sancionador: 62/2001.

Denunciado: José Antonio Cuquejo Diz.

DNI: 34904795.

Último enderezo coñecido: Barrocás, nº 6-1º C, de Ourense.

Ourense, 30 de maio de 2002.

José F. Troncoso Casares

Delegado provincial de Ourense