Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 01 de xullo de 2002 Páx. 10.241

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 5 de xuño de 2002 pola que se notifica a resolución de clausura do centro protésico dental situado na rúa Ameneiral número 12, 1º dereita de Bertamiráns, concello de Ames, A Coruña.

O día 22 de marzo de 2002 o conselleiro de Sanidade dictou resolución pola que se clausura o centro protésico dental situado na rúa Ameneiral nº 12, 1º dereita de Bertamiráns, concello de Ames, A Coruña.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 4 do referido artigo, notifícase a Ramón Gómez Suárez para que poida ter coñecemento do seu contido.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste para presentar recurso potestativo de reposición ante este mesmo órgano, ou impugnar directamente ante a orde xurisdiccional contencioso-administrativa, de conformidade co disposto no artigo 116 da citada lei.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2002.

Juan Ducet Robert

Subdirector xeral de Inspección Sanitaria