Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 01 de xullo de 2002 Páx. 10.218

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 3 de xuño de 2002, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se relaciona resolución de recurso de reposición pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase resolución de recurso de reposición pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal, e emprázase o interesado que figura no anexo para ser notificado por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio Central de Recadación da Dirección Xeral de Tributos en aplicación do Real decreto 2244/1979, do 7 de setembro, polo que se regulamenta o recurso de reposición previo ó económico-administrativo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante o Servicio Central de Reca

dación da Dirección Xeral de Tributos en San Caetano nº 3, soto, en Santiago de Compostela, en horario das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2002.

María Casais Mira

Directora general de Tributos

ANEXO

Interesado: Moisés Abelleira Rey.

CIF: 52935708-N.

Enderezo: avda. da Coruña, nº 4. 15960-Ribeira (A Coruña).

Procedemento: Resolución recurso de reposición en relación co aviso de providencia de constrinximento.

Providencias: 150165224.