Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 01 de xullo de 2002 Páx. 10.217

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 27 de maio de 2002, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se notifican liquidacións de reintegros de pagamentos indebidos ás persoas que se sinalan (Angustias Méndez Montero).

De conformidade co disposto na Orde do 27 de decembro de 1990 pola que se regula a tramitación de reintegros de pagamentos indebidos e segundo establece o artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de decembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse, por medio deste anuncio, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, as liquidacións en concepto de reintegros de pagamentos indebidos de nóminas, ás persoas que se relacionan no anexo.

O pagamento deberá efectuarse dentro dos prazos fixados no artigo 20 do Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, é dicir, as débedas notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte

ou o inmediato hábil posterior, e as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior.

O documento de ingreso estará á disposición dos interesados no Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda en Ourense con domicilio na rúa Progreso 38 ent. en horario de 9 a 14 horas de luns a venres. O ingreso poderá efectuarse na caixa da propia delegación territorial ou en calquera das entidades colaboradoras autorizadas.

Transcorrido o prazo para o aboamento sen que este teña lugar, procederase ó seu cobramento de acordo co procedemento previsto nas normas reguladoras do procedemento recadatorio na vía executiva.

Ourense, 27 de maio de 2002.

Norberto Francisco Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

ANEXO

InteresadoProcedemento

Angustias Méndez Montero

DNI 32106583-D

R/ Pazos Fontenla, 55, Bueu, Pontevedra

Liq. reintegros pagamentos indebidos

Exp. Z 89/02

Doc. 000020001335