Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 01 de xullo de 2002 Páx. 10.218

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 3 de xuño de 2002, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se relaciona resolución de expediente de afección de bens pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (María José Sebastián Carro).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase resolución de expediente de afección de bens pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio ante o Servicio Central de Recadación da Dirección Xeral de Tributos, con domicilio en San Caetano nº 3, soto, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2002.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos

ANEXO

Suxeito pasivo: Jorge Trigo Guillemette. NIF: 32382121F.

Obrigado ó pagamento: María José Sebastián Carro. NIF: 32393860Q.

Importe: 20.180,05 euros.

Zona de recadación: A Coruña.