Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 01 de xullo de 2002 Páx. 10.191

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

DECRETO 222/2002, do 20 de xuño, polo que se declara ben de interese cultural, coa categoría de monumento, o Pazo dos Oca-Valladares (actual sede do Liceo de Ourense), no concello de Ourense.

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, por Resolución do 5 de marzo de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 3 de abril) incoou expediente para a declaración de ben de interese cultural a favor do Pazo dos Oca-Valladares.

A tramitación do expediente levouse a cabo segundo o establecido na Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, e demais disposicións vixentes.

Vistas as alegacións achegadas ó expediente e tendo en conta o disposto no artigo 12 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de xuño de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Declarar ben de interese cultural, coa categoría de monumento, o Pazo dos Oca-Valladares, concello de Ourense.

Artigo 2º

A zona afectada pola declaración é a comprendida na delimitación escrita contida no anexo I, e no plano recollido no anexo II.

Artigo 3º

Este decreto será notificado ó Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural do Estado, ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia, ó Concello de Ourense e ós demais interesados no expediente.

Artigo 4º

Este decreto será publicado no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte de xuño de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo

ANEXO I

O punto A sitúase na rúa Lamas Carvajal diante da igrexa de Santa Eufemia.

A-BRúa Coronel Ceano ata o entronque coa rúa Arcedianos.

B-CRúa Arcedianos ata saír á Praza Maior.

C-DPraza Maior ata a rúa Lamas Carvajal.

D-EAvenida de Pontevedra.

E-FRúa Progreso ata rúa Cruz Vermella.

F-GRúa Cruz Vermella e Praza E. Montes.

G-ARúa Lamas Carvajal ata a igrexa de Santa Eufemia.