Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 01 de xullo de 2002 Páx. 10.180

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 220/2002, do 6 de xuño, polo que se desafecta do dominio público o Centro de Lousas de Galicia, inmoble situado no lugar de Candís, O Barco de Valdeorras (Ourense).

O artigo 10.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, sinala que cando os bens e dereitos non fosen necesarios para o cumprimento dos fins determinantes da súa afectación, cesará a súa natureza demanial e adquirirán a condición de patrimoniais, sen prexuí

zo, se é o caso, do dereito de reversión nos termos da lexislación de expropiación forzosa respecto daqueles bens adquiridos por este título. O inmoble do Centro de Lousas de Galicia está adscrito á Consellería de Industria e Comercio que, a través da súa Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, promoveu a desafectación do ben en atención a que a prestación dos servicios previstos para este centro, precisan de novas fórmulas de xestión.

Por todo isto, de conformidade coa proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día seis de xuño de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Desaféctase do dominio público o ben descrito a continuación: edificio de planta baixa e alta de 791,09 m e 537,23 m, respectivamente, construídos sobre soar de 2.556,3 m de superficie, no lugar de Candís, municipio do Barco de Valdeorras (Ourense). Estrema: norte, resto do predio matriz propiedade do Concello de Carballeda de Valdeorras; sur, camiño; leste, valo de cerramento do colexio de ensino e resto do predio matriz; e oeste, montes propiedade dos veciños de Millaroso.

O predio está inscrito no Rexistro da Propiedade do Barco de Valdeorras no tomo 457, libro 130, folio 189, predio nº 16.902, inscrición 2ª.

Artigo 2º

O inmoble anteriormente descrito adquire natureza patrimonial.

Santiago de Compostela, seis de xuño de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL