Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 28 de xuño de 2002 Páx. 10.101

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2002, do tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos de Obras Públicas da Xunta de Galicia convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001, pola que se ordena a publicación dos acordos adoptados na súa sesión do día 26 de xuño, relativos á corrección dunha resposta do primeiro exercicio e como consecuencia del, se modifican as correspondentes puntuacións e se ordena o anuncio das puntuacións definitivas obtidas no primeiro exercicio da fase de oposición e se manteñen a data, a hora e o lugar da realización do segundo exercicio correspondente ó devandito proceso selectivo.

Na súa sesión do día 26 de xuño de 2002, o tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos de Obras Públicas

da Xunta de Galicia convocado pola Orde 8 de outubro de 2001, acordouse, de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, anular parcialmente a Resolución do 24 de xuño de 2002 adoptando os seguintes acordos:

Primeiro.-Corrixi-la resposta da pregunta 12 quedando como resposta correcta a B (moi grave) en vez da publicada inicialmente como resposta válida A (grave). Realizar unha nova puntuación como consecuencia da anterior modificación. Publica-las puntuacións definitivas obtidas polos aspirantes presentados ó corpo facultativo de grao medio (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos de Obras Públicas da Xunta de Galicia no primeiro exercicio da fase de oposición na Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nas súas delegacións provinciais, na Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no servicio de información do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo e na Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela, lugar de realización da devandita proba.

Segundo.-Mantense a data para a realización do segundo exercicio da fase de oposición para o corpo facultativo de grao medio (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos de Obras Públicas da Xunta de Galicia no día 8 de xullo de 2002, na aula 11 da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa Madrid, 2-4, en Santiago de Compostela, o comezo do mesmo terá lugar ás 15 horas; o chamamento comezará ás 14.45 horas no lugar indicado.

Os aspirantes poderán presenta-las reclamacións que estimen oportunas no prazo de 10 días hábiles a partir do día seguinte á publicación desta resolución.

Terceiro.-Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2002.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do tribunal