Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 28 de xuño de 2002 Páx. 10.102

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 24 xuño de 2002, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se anuncia a publicación das puntuacións provisorias da fase de concurso do procedemento selectivo para ingreso no corpo de mestres.

O punto 34 da Orde do 6 de marzo de 2002, pola que se convoca procedemento selectivo para ingreso no corpo de mestres, establece que a valoración dos méritos presentados polos aspirantes será efectuada, en nome dos tribunais, por unha comisión integrada por funcionarios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Realizada esta barema

ción e de acordo co establecido no punto 46 da citada orde, procede a súa publicación.

En consecuencia, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nas delegacións provinciais, a partir do día 2 de xullo de 2002, as puntuacións provisorias do baremo establecido na Orde do 6 de marzo de 2002.

Segundo.- Contra estas puntuacións poderá presentarse reclamación ante as respectivas delegacións da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou da Dirección Xeral de Persoal, no prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2002.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal