Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 28 de xuño de 2002 Páx. 10.101

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2002, do tribunal IV-D designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 11 (auxiliar de laboratorio) do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola que se sinala o lugar, a data e a hora para a realización do segundo exercicio da fase de oposición.

Na súa sesión do día 26 de xuño de 2002 o tribunal IV-D acordou que o segundo exame da fase de oposición se celebre o vindeiro día 5 de xullo de 2002, ás 17 horas na Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa de Madrid 2-4 en Santiago de Compostela, a apertura de portas será ás 16 horas e 30 minutos. Para a realización do exercicio os opositores deberán vir provistos de lapis do número 2 e a goma de borrar e o documento nacional de identidade ou calquera outro que acredite a súa personalidade.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2002.

Jaime Bouzada Romero

Presidente do tribunal