Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 27 de xuño de 2002 Páx. 10.065

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de exclusión de parcelas do expediente de expropiación do polígono 6-7 das Fontiñas.

O Pleno da Corporación, na sesión que tivo lugar o día 15 de abril de 2002, acordou someter a información pública a exclusión das parcelas 4, 5, 6, 7, 8 do expediente de expropiación do polígono 6-7 das Fontiñas.

En cumprimento do que dispón o artigo 149.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio. Durante este prazo os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión do Concello, ou nas oficinas de Emuvissa, sitas na Rúa do Vilar, 67-2º, e formula-las alegacións que xulguen oportunas, mediante escrito que se presentará no rexistro xeral do concello.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2002.

Luis Toxo Ramallo

Delegado de Urbanismo