Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 27 de xuño de 2002 Páx. 10.064

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2002 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: contratación de asistencia técnica para a elaboración dun plan de márketing estratéxico do turismo para Santiago de Compostela.

Tipo de licitación: 77.500 A, IVE incluído.

Prazo de execución: a duración do contrato será de 20 meses contados desde a súa formalización.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, entre as 9 e as 14 horas, dentro do prazo de quince días naturais, contados desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Documentación: información e documentación: Concello de Santiago de Compostela (Sección de Contratación). Teléf.: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 6.2º do prego de cláusulas económico-administrativas.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas, o segundo día hábil, non sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2002.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde