Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 27 de xuño de 2002 Páx. 10.064

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2002 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: realización das obras de substitución da cuberta de cobre na sala principal e camerinos do Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.

Tipo de licitación: 139.524,36 A, IVE incluído.

Prazo de execución: 2 meses.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, entre as 9 e as 14 horas, dentro do prazo de vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Clasificación do contratista: grupo C, subgrupos 7 e 9, categoría d.

Documentación: información: Concello de Santiago de Compostela (Departamento de Contratación). Teléf.: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27. Recollida de documentación: Copy Nova, rúa Nova de Abaixo nº 12, local 4. Teléf.: 981 59 23 93.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 15.3º.3 do prego de cláusulas administrativas.

Garantías: definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas, o segundo día hábil, non sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2002.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde