Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 27 de xuño de 2002 Páx. 10.065

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de estatutos e bases de actuación da Xunta de Compensación do Plan Parcial Quirós (expediente 4329/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo, en sesión do día 9 de maio de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro.-Desestimar, polas razóns expostas na parte expositiva do presente acordo, as alegacións

formuladas ó proxecto de estatutos e bases de actuación para a constitución e funcionamento da Xunta de Compensación do polígono único delimitado para a execución do Plan Parcial Quirós, no período de exposición ó público do expediente, por parte de General de Hormigones, S.A. excepción feita das que contén o punto seguinte:

Segundo.-Aprobar definitivamente o proxecto de bases de actuación e estatutos para a constitución e funcionamento da Xunta de Compensación do polígono único delimitado para a execución do Plan Parcial Quirós (expediente 4329/401), presentado, con data do 17 de decembro de 2001, no rexistro xeral da Xerencia Municipal de Urbanismo por Ubaldino Rodríguez Bello, como presidente da comisión xestora do devandito polígono, coas rectificacións que se derivan da estimación parcial das alegacións presentadas ó expediente contidas nos antecedentes deste acordo e que son as seguintes:

1. Supresión da base 2ª, alínea G e artigo 4.1º do proxecto de bases e estatutos para a constitución e funcionamento do Plan Parcial Quirós.

2. Na base 3ª.4º introducir despois da perífrase verbal «poida ser transmitido» a frase «este, previa conformidade de tódolos propietarios afectados».

3. A base 8.2 debe quedar redactada nos seguintes termos: «Noutro caso e en calquera suposto, a execución faraa a empresa ou empresas que determine a asemblea xeral e contrate o Consello Rector por proposta daquela».

4. Engadir na base 11.1, in fine, que «os propietarios non conformes co alleamento, que se comprometan a adianta-las cantidades que proporcionalmente lles corresponda para os fins ós que se pretenda o alleamento, non se verán afectados nin resultará a súa cota minorada como consecuencia daquel».

5. Engadir un punto 4º ó artigo 9 co seguinte texto: «Os propietarios non conformes coa incorporación da empresa urbanizadora, que se comprometan a sufragar eles mesmos os gastos de urbanización non se verán afectados pola dita incorporación para os efectos das adxudicacións ós devanditos propietarios e á empresa urbanizadora».

Terceiro.-Procédase á publicación do presente acordo no Diario Oficial de Galicia, con expresión das modificacións introducidas no texto publicado no seu día no BOP e notifíquese individualmente a tódolos propietarios do ámbito, con expresión das modificacións introducidas respecto do texto publicado.

Cuarto.-Requiri-los propietarios do polígono para que soliciten, se o desexan e non o fixeran nun momento anterior, a súa incorporación con igualdade de dereitos e obrigas á Xunta de Compensación dentro do prazo dun mes a partir da notificación do

presente acordo, advertíndolles expresamente que, no caso de non incorporarse, poderán ser obxecto de expropiación en beneficio da Xunta de Compensación.

Quinto.-Indicarlle á comisión xestora que a Xunta de Compensación deberase constituír no prazo máximo de tres meses, desde que sexa firme en vía administrativa o presente acordo e que segundo decreto da Alcaldía-Presidencia do 28 de xullo de 2000, o representante delegado do concello nas xuntas de compensación é o concelleiro Xabier Toba Girón e o suplente Amador Fernández Fernández».

Contra o devandito acordo que pon fin á vía administrativa poderán interpoñerse os seguintes recursos:

a) Potestativo de reposición ante o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio.

b) Contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Así mesmo, o presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou intentada esta non se puidese practicar.

Vigo, 21 de maio de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo