Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 27 de xuño de 2002 Páx. 10.061

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

EDICTO.

Anuncio de contratación por concurso procedemento aberto de subministración de contedores de residuos sólidos, 30 de 240 litros e como mínimo 205 de 800 litros, das características que figuran no prego de condicións. Entidade adxudicataria: Concello da Estrada. Dependencia que tramita o expediente secretaría. Obxecto do contrato: adquisición de contedores de residuos sólidos. Prazo de entrega: 15 días desde a sinatura do contrato. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma, concurso. Tipo de licitación: 36.060,73 A. Garantía provisoria: 721,22 A. Garantía definitiva: 1.442,43 A. Obtención de documentación na Secretaría Xeral. Información chamando ó Concello da Estrada, tlf.: 986 57 01 65, extensión 320.

Presentación de ofertas: nos quince días naturais seguintes á publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral do concello de 9 a 13 horas en días hábiles. Presentación de ofertas en tres sobres. No sobre 1: documentos. Sobre 2: proposición económica. Sobre 3: referencias para a selección. Apertura de plicas ás 12 horas do día seguinte hábil ó último sinalado para a presentación, de ser sábado trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte. Os pregos íntegros remitiranse por fax ós que o soliciten, publicados integramente no BOP do 11-6-2002. Gastos de anuncios, por conta do adxudicatario.

A Estrada, 12 de xuño de 2002.

Ramón Campos Durán

Alcalde