Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 27 de xuño de 2002 Páx. 10.061

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MIÑO

ANUNCIO de concurso (referencia M2002/1).

1. Entidade adxudicadora: Concello de Miño. a) Dependencia: Secretaría Xeral. b) Número de expediente: M2002/1.

2. Obxecto do contrato: concesión administrativa relativa á execución dos traballos e actividades de desenvolvemento urbanístico, necesarias para a completa urbanización e posta en funcionamento do sector núm. 1, previsto polo proxecto do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Miño (PXOM).

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Financiamento: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Garantía provisional: 120.202,42 A.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: avda. Xeneralísimo, 98. c) Localidade: 15630 Miño. d) Teléfono: 981 78 20 06. e) Fax: 981 78 31 75. f) Correo electrónico: secretario*mino.dicoruna.es. g) Data límite de obtención de documentos e información: 15 de xullo de 2002 (ata as 13 h).

7. Clasificación:

-Grupo A. Subgrupos 1, 2. Categoría f).

-Grupo E. Subgrupo 1. Categoría f).

-Grupo G. Subgrupos 3, 4 e 5. Categoría f).

-Grupo I. Subgrupos 1, 3, 5 e 6. Categoría e).

-Grupo K. Subgrupos 6 e 9. Categoría e).

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: 15 de xullo de 2002 (ata as 13 h). b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación. c) Hora: 12 h.

10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio á Oficina de Publicación das Comunidades Europeas: 22 de maio de 2002.

Miño, 21 de abril de 2002.

Deogracias Romeu López

Alcalde-presidente