Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 27 de xuño de 2002 Páx. 10.060

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

EDICTO.

Anuncio de contratación por concurso, procedemento aberto, de subministración de semi-remolque e depósito de carga directa, das características que

figuran no prego de condicións. Entidade adxudicataria: Concello da Estrada. Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. Obxecto do contrato; adquisición de semi-remolque e depósito de carga directa. Prazo de entrega: 3 meses desde a sinatura do contrato. Tramitación ordinaria. Procedemento aberto. Forma, concurso. Tipo de licitación: 129.674,37 A. Garantía provisoria: 2.543,49 A. Garantía definitiva: o 4% da adxudicación. Obtención de documentación na Secretaría Xeral. Información chamando ó Concello da Estrada, tlf.: 986 57 01 65, extensión 320.

Presentación de ofertas: nos vinteseis días naturais seguintes á publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral do concello de 9 a 13 horas en días hábiles. Presentación de ofertas en tres sobres. No sobre 1: documentos. Sobre 2: proposición económica. Sobre 3: referencias para a selección. Apertura de plicas ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte ó último sinalado para a presentación, de ser sábado trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte. Os pregos íntegros remitiranse por fax ós que o soliciten, publicáronse integramente no BOP do 6 de xuño de 2002. Gastos de anuncios, por conta do adxudicatario.

A Estrada, 10 de xuño de 2002.

Ramón Campos Durán

Alcalde