Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 27 de xuño de 2002 Páx. 10.060

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

Por decreto de Alcaldía, de data 17-6-2002, aprobouse o prego tipo de cláusulas administrativas particulares para a contratación mediante concurso con procedemento aberto urxente de subministración e instalación de 386 butacas para o edificio Pazo da Cultura de Carballo, o cal se expón ó público por prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción do último anuncio no DOG, no BOP, ou prensa para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente anúnciase concurso público, se ben a licitación se aprazará, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Importe licitación: 78.438,55 A.

Prazo subministración: 2 meses.

Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar na Casa do Concello ás 12 horas do sexto día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de propostas. No caso de resultar sábado, entenderase prorrogado ó día hábil inmediato seguinte.

Proposicións:

Lugar e prazo de presentación: presentaranse no rexistro xeral da Corporación en horario de 9 a 13 horas, dentro do prazo de trece (13) días, contado desde o día seguinte ó da publicación do último anuncio de concurso no DOG ou BOP.

Documentación: presentarase en 2 sobres pechados conforme se indica no prego de condicións que se encontra exposto na secretaría do concello.

Tódolos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Carballo, 17 de xuño de 2002.

Manuel Varela Rey

Alcalde