Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 27 de xuño de 2002 Páx. 10.060

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO.

Por acordo adoptado polo Pleno deste Concello, na sesión que tivo lugar o 9 de maio de 2002, aprobouse inicialmente o proxecto de urbanización da travesa da rúa dos Campos-rúa Manuel Antonio, en San Cibrao, termo municipal de Cervo, redactado pola arquitecta Patricia Vázquez Mille.

En cumprimento do disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, o expediente sométese a exposición pública durante o prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior difusión da provincia. Durante este prazo os interesados poderán consulta-lo expediente e formular por escrito as alegacións que consideren oportunas.

Cervo, 22 de maio de 2002.

José Insua Pernas

Alcalde