Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 27 de xuño de 2002 Páx. 10.059

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

O Concello Pleno en sesión ordinaria de data 28-5-2002, aprobou o prego de condicións técnicas que rexerán na poxa para a concesión do servicio público de adxudicación de postos no mercado municipal de Carballo o cal se expón ó público por prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción do último anuncio no DOG, no BOP, ou prensa para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente anúnciase poxa, ben que a licitación se aprazará canto resulte necesario no suposto de se formularen reclamacións contra o prego de condicións.

Obxecto do contrato: adxudicación de postos vacantes no mercado municipal de Carballo.

Prazo da concesión: vinte (20) anos.

Canon de adxudicación (prezo mínimo de saída á poxa):

Nº postoValoración

PS-088.414,17

PB-0113.222,27

PB-099.015,18

PB-292.404,05

PB-322.404,05

PB-4916.527,83

PA-012.404,05

PA-034.327,29

PA-062.404,05

PA-099.315,69

PA-133.005,06

Nº postoValoración

PA-232.404,05

PA-242.404,05

PA-252.404,05

PA-272.404,05

PA-282.404,05

Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar na casa do concello ás 12 horas do sexto día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de propostas. No caso de resultar sábado, entenderase prorrogado ata o día hábil inmediato seguinte.

Proposicións:

Lugar e prazo de presentación: presentaranse no rexistro xeral da corporación en horario de 9 a 14 horas, dentro do prazo de vinteseis días naturais (26), contados desde o día seguinte ó da última publicación do anuncio no DOG, BOP ou prensa.

Documentación: presentarase en 2 sobres pechados conforme se indica no prego de condicións que se encontra exposto na secretaría do concello.

Carballo, 29 de maio de 2002.

Manuel Varela Rey

Alcalde