Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 27 de xuño de 2002 Páx. 10.059

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN

EDICTO.

O Concello Pleno en sesión extraordinaria, do 10 de maio de 2002, aprobou a modificación do escudo heráldico e da bandeira do concello de Calvos de Randín. De conformidade co establecido no artigo 2 do Decreto 369/1998, do 10 de decembro, ábrese un período de información pública e audiencia ós interesados, por prazo dun mes, para efectos de exame do expediente na Secretaría Municipal e presentación de alegacións.

Calvos de Randín, 14 de maio de 2002.

Antonio Rodríguez Alonso

Alcalde-presidente