Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 27 de xuño de 2002 Páx. 10.059

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria celebrada o día 23 de abril de 2002, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da UA 41, sita en Pastoriza, promovido por Manuel Figueiras Vitureira en representación de Doficas, S.L. (expediente 2/2001.PUR).

Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar de notificación dalgún ou intentada esta non se puidese practicar, sirva o presente de notificación, coa finalidade e alcance que se contemplan no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (LRX-PAC).

Recursos.

-Contra o presente acordo poderase interpoñer ben de forma potestativa recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou ou xa directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo (XCA) no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (LXCA).

-Se se opta por interpoñer recurso de reposición previo ó contencioso-administrativo, deberá facerse perante o órgano municipal do que dimana o presente acto no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 LRX-PAC.

-Contra a resolución expresa do recurso de reposición poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o XCA no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación do acordo recorrido, segundo o disposto no artigo 46 LXCA.

-Contra a resolución presunta do recurso de reposición, que terá lugar transcorrido un mes desde a interposición del sen que fose notificado, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o XCA no prazo de seis meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que a resolución do devandito recurso de reposición se debería ter notificado de forma expresa (un mes desde a interposición del), todo iso de acordo co disposto no artigo 46 LXCA en relación cos artigos 116 e 117 LRX-PAC.

Arteixo, 29 de maio de 2002.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente alcalde