Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 27 de xuño de 2002 Páx. 10.057

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 3 de xuño de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da iniciación do expediente sancionador 15-C-54/2002, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a iniciación do expediente sancionador 15-C-54/2002 por infracción en materia de defensa do consumidor.

O que se comunica ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a achega de cantas alegacións, documentos ou informacións estime convenientes, e se é o caso, a proposición e práctica de probas, advertíndolle ó interesado que lle queda posto de manifesto o expediente, e que, de non efectuar alegacións ó contido do presente acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: 15-C-54/2002.

Inculpado: S.C. San Lázaro.

Domicilio: avenida San Lázaro, Sunp-6, 15703 Santiago de Compostela.

Motivos: incumprimento das normas de información na venda de vivendas e non ter follas de reclamación nin cartel anunciador destas.

Data de iniciación: 23-5-2002.

A Coruña, 3 de xuño de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña