Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 27 de xuño de 2002 Páx. 10.057

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2002 pola que se fai pública a adxudicación do contrato de consultoría e asistencia consistente na codificación de literais, validación, imputación e axuste de cifras do ficheiro do Censo de Poboación e Vivenda 2001.

De acordo co previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación definitiva do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística (IGE).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio Técnico Xurídico e de Contratación.

c) Nº de expediente: 2002/05/640.1/1.0.1/01.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

b) Descrición do obxecto: codificación de literais, validación, imputación e axuste de cifras do ficheiro do Censo de Poboación e Vivenda 2001, estructurado en dúas fases:

Fase A: codificación de literais das variables xeográficas (concellos, provincias e países) ata un máximo de 600.000, e das variables de actividade (rama de actividade e ocupación) ata un máximo de 350.000.

Fase B: validación da información, imputación da falta de resposta, axuste ás cifras oficiais e tabulación básica das principais variables a nivel municipal e provincial.

c) Boletín ou diario oficial e data da publicación no anuncio da licitación: Diario Oficial de Galicia nº 73, do 16 de abril de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación: 113.100 euros, desagregado do seguinte xeito: para a fase A, 53.000 euros, cos seguintes prezos unitarios máximos: 0,03 euros para literais xeográficos e 0,10 euros para literais de actividade, e para a fase B, 60.100 euros.

5. Adxudicación:

a) Data: 16 de maio de 2002.

b) Contratista: Centro de Cálculo y Aplicaciones Informáticas, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 109.100 euros.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2002.

José Antonio Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística