Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 27 de xuño de 2002 Páx. 10.056

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 3 de xuño de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de resolución do expediente sancionador 15-2042/2001, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do expediente nº 15-2042/2001 por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Instituto Galego de Consumo no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito. Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva, en período voluntario en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 da Caixa Galicia (2091), Oficina de Relación con Organismos (0388) Santiago de Compostela, noutro caso procederase sen máis trámite á súa exacción en vía executiva, nos seguintes prazos:

a) As débedas notificadas entre os día un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o día cinco do seguinte mes ou o inmediatamente hábil e posterior.

b) As débedas notificadas entre os días dezaseis e o último de cada mes, desde a data de notificación ata o día vinte do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

Expediente: 15-2042/2001.

Denunciado: José Iglesias Iglesias (Arreglos Marineda).

Enderezo: avenida das Conchiñas nº 18 baixo, 15010 A Coruña.

Sanción e motivo: 300,51 euros (trescentos euros con cincuenta e un céntimos), por deficiente prestación dun servicio e negativa inxustificada a satisface-las demandas do consumidor.

Data de resolución: 23-4-2002.

A Coruña, 3 de xuño de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña