Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 27 de xuño de 2002 Páx. 10.055

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 4 de xuño de 2002, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifican as resolucións de contratos por falta de pagamento e lanzamentos das vivendas ós debedores que se relacionan (expediente C-2-IV/75, conta 274 e dous máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ó abeiro do artigo 30.1º

do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1968, do 12 de novembro, e do artigo 138.1º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícase ós interesados (cos datos e último domicilio coñecido, identificado polo número de expediente e conta) que a continuación se relacionan, as resolucións dos contratos por falta de pagamento, con recibos pendentes que ascenden ás cantidades que se sinalan, indicándolles que, concedida a preceptiva autorización xudicial de entrada no domicilio, procederase ó lanzamento da vivenda por funcionario nomeado para o efecto e co auxilio das Forzas de Seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Advírtese os interesados que, conforme o establecido no Regulamento de VPO, poderán evita-lo lanzamento aboando o total da débeda, con recarga do 10%, así como as cotas da comunidade que tivesen pendentes, no prazo de quince días contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución.

A resolución firme do contrato suporá a prohibición para contratar coa Administración nos termos previstos no Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse perante o conselleiro da CPTOPV recurso de alzada no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa recepción.

E para que así conste, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 4 de xuño de 2002.

ANEXO

-Herdeiros de Dolores Lema Varela.

Expediente: C-2-IV/75 (F.P. 11/2002).

Conta: 274.

R/ Touro, P-45, 1º esq., polígono de Vite (Santiago de Compostela).

Importe débeda: 12.049,87 euros.

-Teresa Martínez Ruiz e herdeiros.

Expediente: C-1-IV/78 (F.P. 1/2002) Regularización.

Conta: 13.

Enrique Granados, bloque 41, P-3, baixo D, Ferrol.

Importe débeda: 6.170,06 euros.

-Lourdes Martínez Couce e herdeiros.

Expediente: C-1-IV/78 (F.P. 122/2001).

Conta: 151.

Enrique Granados, bloque 41, P-21, 3º dta., Ferrol.

Importe débeda: 8.417,46 euros.