Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 27 de xuño de 2002 Páx. 10.055

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 3 de xuño de 2002, da Área Provincial da Coruña, de notificación da sentencia estimatoria da resolución do contrato de Juan Picos Barros (expediente C-109-CD/67).

No procedemento de menor contía 689/2000-N contra os herdeiros descoñecidos e incertos de Juan Picos Barros, dictouse sentencia de data trinta e

un de xullo de dous mil un, que ten o encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

Sentencia.

«A Coruña, trinta e un de xullo de dous mil un.

Javier San Claudio Piñón, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primera Instancia número un dos da Coruña, tendo visto os presentes autos de xuízo declarativo de menor contía nº 689/2000-N promovidos por instancia do letrado da Xunta de Galicia en nome e representación do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), contra Rafael López Pico, representado pola procuradora dos tribunais Concepción Pérez García, e dirixido polo letrado Adolfo Bobadilla Pérez e contra os herdeiros incertos e descoñecidos de Juan Picos Barros, que foron declarados en rebeldía, e

Decido

Que, estimando integramente a demanda interposta polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, declaro resolto o contrato de compravenda celebrado entre a Administración e Juan Picos Barros do 1 de marzo de 1976, e declaro que a vivenda a que se refire o feito primeiro da demanda pertenece en plena propiedade á Xunta de Galicia.

Desestímase a demanda reconvencional promovida por Rafael López Pico, por estimarse incompetentes os órganos jurisdiccionais da orde civil para coñecer da pretensión reconvencional, remitindo as partes ós órganos da orde contencioso-administrativa para a súa resolución.

As costas impóñense ó demandado reconvinte.

Notifíquese esta resolución ás partes con indicación de que contra ela e de acordo co previsto no artigo 455 da LAC cabe recurso de apelación que se prepará ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación.

Así, por esta a miña sentencia, da que se expedirá testemuño para a súa unión ós autos, o pronuncio, mando e asino.-Javier San Claudio».

Como consecuencia do ignorado paradoiro dos herdeiros incertos e descoñecidos de Juan Picos Barros, expídese a presente cédula para que sirva de notificación. Expido, asino e selo esta cédula na Coruña o tres de xuño de dous mil dous.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área Provincial do Instituto Galego da

Vivenda e Solo da Coruña