Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 27 de xuño de 2002 Páx. 10.054

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2002 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación anticipada, da asistencia técnica para levar a cabo distintas actuacións no sistema de información de xestión tributaria. (Expediente 14/2002).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xunta de Galicia. Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

c) Número de expediente: 14/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación dunha asistencia técnica para levar a cabo distintas actuacións no sistema de información de xestión tributaria.

b) Lugar de execución: rúa Ramón Piñeiro, nº 27, Santiago de Compostela.

c) Prazo de execución: realización de 14.080 horas nun período de oito meses contado desde a sinatura do correspondente contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria (anticipada de gasto).

b) Procedemento: procedemento aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: novecentos trinta e un mil euros (931.000 A) IVE incluído.

5. Garantía provisoria: 2% do orzamento máximo de licitación (18.620 A).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Xunta de Galicia. Centro Informático para a Xestión Tributaria Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

b) Domicilio: rúa Ramón Piñeiro, nº 27.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Teléfono: 981 54 13 37.

e) Telefax: 981 54 12 70.

f) Data límite de obtención de documentos e información: 11 de xullo de 2002.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: solvencia económica e financeira: declaración relativa á cifra de negocios globais dos traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos anos. Solvencia técnica e profesional: titulacións académicas e profesionais dos empresarios e do persoal de dirección da empresa e, en particular, do responsable da execución do contrato.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 11 de xullo de 2002.

b) Documentación que se presentará: a estipulada no prego de cláusulas administrativas e prescripciones técnicas que rexen a presente contratación.

c) Lugar de presentación:

1) Entidade: Xunta de Galicia. Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

2) Domicilio: r/ Ramón Piñeiro, nº 27.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: na presente contratación non será admisible a presentación de variantes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Xunta de Galicia. Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

b) Domicilio: rúa Ramón Piñeiro, nº 27.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: 16 de xullo de 2002.

e) Hora: 12.30 horas.

10. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

11. Fecha de envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 21 de maio de 2002.

12. Páxina web onde poden obterse os pregos: www.cixtec.es.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2002.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable