1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Xunta de Galicia. Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.
c) Número de expediente: 13/2002.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: contratación dunha asistencia técnica para a realización de traballos e análise e programación con destino á aplicación de nómina da Xunta de Galicia.
b) Lugar de execución: rúa Ramón Piñeiro, nº 27, Santiago de Compostela.
c) Prazo de execución: realización de 5.600 horas nun período de oito meses contando desde a sinatura do correspondente contrato.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria (anticipada de gasto).
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación: trescentos setenta e dous mil euros (372.000 A) IVE incluído.
5. Garantía provisoria: 2% do orzamento máximo de licitación (7.440 A).
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Xunta de Galicia. Centro Informático para a Xestión Tributaria Económico-Financeira e Contable (CIXTEC.
b) Domicilio: rúa Ramón Piñeiro, nº 27.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.
d) Teléfono: 981 54 13 37.
e) Telefax: 981 54 12 70.
f) Data límite de obtención de documentos e información: 11 de xullo de 2002.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: solvencia económica e financeira: declaración relativa á cifra de negocios globais dos traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos anos. Solvencia técnica e profesional: titulacións académicas e profesionais dos empresarios e do persoal de dirección da empresa e, en particular, do responsable da execución do contrato.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: 11 de xullo de 2002.
b) Documentación que se presentará: a estipulada no prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas que rexen a presente contratación.
c) Lugar de presentación:
1) Entidade: Xunta de Galicia. Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).
2) Domicilio: r/ Ramón Piñeiro, nº 27.
3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.
e) Admisión de variantes: na presente contratación non será admisible a presentación de variantes.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Xunta de Galicia. Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).
b) Domicilio: rúa Ramón Piñeiro, nº 27.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: 16 de xullo de 2002.
e) Hora: 13 horas.
10. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.
11. Fecha de envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 21 de maio de 2002.
12. Páxina web onde poden obterse os pregos: www.cixtec.es.
Santiago de Compostela, 28 de maio de 2002.
Gonzalo Gómez Montaña
Director xeral do Centro Informático para a Xestión
Tributaria, Económico-Financeira e Contable