Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 27 de xuño de 2002 Páx. 10.053

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

EDICTO do 27 de maio de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se require documentación ós solicitantes de pensións non contributivas da Seguridade Social relacionados no anexo.

No uso da competencia sobre pensións non contributivas da Seguridade Social, atribuída na disposición adicional décimo oitava do R.D. lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social (BOE do 29 de xuño) e no artigo 21 do R.D. 357/1991, do 15 de marzo (BOE do 21 de marzo), na falta dos datos necesarios para proceder á tramitación dos expedientes que a continuación se relacionan, ó ter sido devoltas polo servicio de correos as peticións de documentación enviadas no seu día, e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), requírense os citados no anexo para que no prazo de 10 días, contados desde o seguinte á data de publicación deste edicto, comparezan persoalmente ou debidamente representados na Delegación Provincial de Asuntos Sociais da Coruña (Concepción Arenal 7-9) para teren coñecemento do

trámite ou documentación que teñen que achegar ó expediente. De non comparecer no prazo indicado, ou se dentro dos 15 días seguintes ó da comparecencia non entregasen a documentación requirida, en virtude do establecido nos artigos 71 e 76 da Lei 30/1992, teranse por desistidos da correspondente solicitude de pensión non contributiva e procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite.

A Coruña, 27 de maio de 2002.

María José Ares Casal

Delegada provincial da Coruña

SOLICITANTEDNICONCELLONº EXPTE.

BOTANA MÉNDEZ, JOSÉ32303099ORDES486/X/02

CALLEJA FRANCO, MARÍA JESÚS32590153FERROL1485/I/01

COLLAZO DUYOS, JUAN JOSÉ44819564PADRÓN128/I/02

DÍAZ BACALLADO, EMILIA CELIA43605464BRIÓN1521/X/01

FERNÁNDEZ HERMO, MARÍA SOLEDAD31251353NOIA155/I/02

LÓPEZ PRADOS, JOSEFA32513593NARÓN379/X/02

RAMA SUÁREZ, MARÍA DOLORES33137990SANTIAGO DE C.285/X/02

TURNES NEGREIRA, SOFÍA33272561SANTA COMBA1498/X/01

VARELA BALDOMIL, ELISA32289685ARTEIXO295/X/02

VÁZQUEZ ULLOA, MARÍA CARMEN32174980A CORUÑA417/X/02

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA,

ECONÓMICO-FINANCEIRA

E CONTABLE